sábado, 2 de abril de 2016

I

Si hai algo que boto en falta na sociedade de hoxe en día é a 'voluntade propia' das persoas. Estamos acostumados a esperar que algo tan caótico pase para dar o paso, para actúar ou simplemente para decir 'quérote'. E a veces, o esperar, xóganos unha mala pasada.
Estou cansada de ver como a xente espera a que sociedade aprobe o que vai a facer, porque si así non é, esa persoa xa nin o intenta. Si queres facer algo, non esperes a que che den un empuxón, porque pode ser demasiado tarde e o tren que te agardaba puidose cansar e marchar. Se queres realizar algo, solo tes que confiar en que podes, porque se ti non o crees, ninguén o vai a facer. Se ti non te das unha opotunidade, nadie cha vai a dar. E se ti non tes o valor de facelo, non o van a facer por ti.
Estou cansada de escoitar a xente arrepentirse do seu pasado. Como podes non estar orgullosa de algo que fixeches co corazón, porque así querías? Se nese intre foches feliz, todo o demáis da igual. Xa lograches o que querías, xa tes o teu premio. Ahora solo tes que sorrir porque pasou, porque ganaches. A veces temos que ser egoístas co mundo e pensar en nós mesmos, pois esta vida é nosa.
Estou cansada de que a xente non actúe porque alguén antes lle dixo 'non o conseguirás'. Que saberá a xente o que podes ou non podes facer? Cando che digan iso, levántate e con todas as túas forzas loita polo que queres, ata conseguilo. E demóstralle a todos que eres capaz diso e de máis.
Estou cansada de que todos digan 'para que o vou a intentar si xa fallei unha vez?'. Ao largo das nosas vidas imos fracasar máis veces das que gañamos, pero temos que pensar que a victoria vai ser mais satisfactoria. Si xa fallaches, tes un motivo máis polo que volver a intentalo, porque de todo erro se aprende.
A maioría de todos estes 'estou cansada...' son porque penso que estamos condicionados polas opinións dos demáis. É irónico que eu, unha persoa a que lle afectan todo tipo de opinións diga isto, pero é a verdade. Moitas veces olvidámosnos que a única opinión que importa é a nosa, porque será a que nos leve polo camiño correcto. E todo o que fagas, que sexa guiándote polo corazón, nadie pode criticar algo que fas polo teu ben.
'SOLO FAI FALLA UN MOMENTO DE LOCURA E DE DICIR 'VOUNO A FACER', PORQUE NO MOMENTO NO QUE TI DECIDAS QUE VAS FACER ALGO, SERÁ O MOMENTO NO QUE O FAGAS REALIDADE'

4 comentarios:

  1. Jo valeriana, encantamee de vdd 😭😭😭😻😻

    ResponderEliminar
  2. Encantame o texto e encantasme ti. Increible de vd😥👏

    ResponderEliminar
  3. A fraase do principio e unha das miñas favoritas🙌
    Aii, e q este texto recordame moito a aventura canadiense e sintome super identificada
    Querote mini-gran escritora💜
    GRAN ENTRADAA😌💃

    ResponderEliminar